DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71785

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que modifica a Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

BDNS (Identif.): 717796.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo para resolver e notificar a resolución

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada finalizará o 29 de febreiro de 2024.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural