DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023 polo que se fai pública a resolución de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais (código de procedemento PR780A).

Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), do 15 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia no ano 2023, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

De acordo coa base 15ª da convocatoria, a resolución de concesión das subvencións que se outorguen será competencia da directora da EGAP.

A dita competencia está delegada na secretaria xeral da Escola en virtude do disposto polo punto primeiro, letra i), da Resolución do director da EGAP do 17 de decembro de 2007.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base 15ª da antedita Resolución do 15 de xuño de 2023, faise pública a Resolución da directora da EGAP do 29 de novembro de 2023 de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais que literalmente di:

«De acordo co indicado,

RESOLVO:

Conceder as axudas económicas para o financiamento dos plans de formación das entidades que se reflicten no anexo, con indicación das entidades beneficiarias e o importe da axuda.

As entidades beneficiadas deberán xustificar o pagamento que dá lugar a subvención de acordo co previsto na base 22ª da convocatoria.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Beatriz Simón Cuesta
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Plans aprobados

Entidade solicitante

Cuantificación (€)

Fegamp

178.000,67

Deputación Provincial da Coruña

186.846,68

Deputación Provincial de Lugo

81.800,00

Deputación Provincial de Ourense

107.677,14

Deputación Provincial de Pontevedra

153.563,91

Concello de Pontevedra

10.759,52

Concello da Coruña

31.950,64

Concello de Cangas

3.800,00