DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e da necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico dos Cotos, sito no concello de Cerdedo-Cotobade da provincia de Pontevedra (IN661A 2011/18-4).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de outubro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico dos Cotos e, con base no artigo 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e no 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 25 de outubro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

O 23 de decembro de 2021 publicouse no DOG núm. 245, e o 22 de decembro de 2021 no xornal Faro de Vigo, a Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se someteron a información pública por un prazo de quince (15) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos, sito no concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/18-4).

Así mesmo, vista a Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, o 6 de abril de 2022 publicouse no DOG núm. 67, e o 6 de abril de 2022 no xornal Faro de Vigo, a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se someteron de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental, a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos.

O 3 de xullo de 2023 publicouse no DOG núm. 125 a Resolución do 18 de 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico dos Cotos a favor de Tiraventos, S.L.

O 28 de xuño de 2023, a promotora presentou ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais documentación actualizada relativa á declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico dos Cotos, e o 5 de setembro de 2023, a dita dirección xeral remitiuna á xefatura territorial, co obxecto de proseguir coa tramitación da relación de bens e dereitos afectados actualizada (RBDA) que modifica e substitúe a anterior.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública durante un prazo de trinta (30) días a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Tiraventos, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico dos Cotos.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Potencia instalada: 30 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 30 MW.

Produción neta: 120.459 MWh/año.

Orzamento execución material: 21.094.888,48 euros.

O obxecto da información pública será a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública para as citadas instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. A relación concreta e individualizada dos propietarios dos bens e dereitos afectados polo proxecto, que figura no anexo que se insire nesta resolución, que anula e substitúe á publicada nas resolucións do 15 de decembro de 2021 (DOG núm. 245, do 23 de decembro) e do 8 de marzo de 2022 (DOG núm. 67, do 6 de abril).

2. Documento RBDA de planos parcelarios individuais.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a esta resolución, e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir mediante cita previa ás dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como ás dependencias do Concello de Cerdedo-Cotobade (praza do Concello 1, 36130 Cerdedo-Cotobade, Pontevedra).

Pontevedra, 19 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico dos Cotos no concello de Cercedo-Cotobade (Pontevedra)

Datos catastrais

Propietarios

Afeccións (m2)

Uso principal

Cultivo

Lugar

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Pleno dominio

Pleno dominio subestación

Servidume de paso (vía e gabia)

Servidume de voo

Servidume de paso (gabia)

Servidume temporal

36012A04000859

40

859

Monte veciñal de Carballedo

670,5

Agrario

MT Matogueira

Monte Castelo

36012A04100062

41

62

Monte veciñal de Carballedo

6.458,9

13.100,4

11.475,4

1.333,9

Agrario

EU Eucaliptos/MT Matogueira

Monte Castelo

36012A04100774

41

774

Monte veciñal de Rebordelo

16.797,5

125,4

Agrario

MT Matogueira/EU Eucaliptos

Lagoas (As)-Rebordelo

36012A04100776

41

776

Monte veciñal de Carballedo

1.258,1

Agrario

MT Matogueira

Porteliña, A

36012A04100777

41

777

Monte veciñal de Carballedo

5.809,2

7.103,9

8.276,3

Agrario

EU Eucaliptos/MT Matogueira

Monte Castelo

36012A04100782

41

782

Monte veciñal de Viascón

2.193,4

Agrario

MT Matogueira

Porteliña, A

36012A05400090

54

90

Monte veciñal de Rebordelo

2.614,8

15.178,4

9.314,3

1.407,2

Agrario

MT Matogueira/MM Piñeiral madeirable/E-Pastos

Martices (Os)-Rebordelo

36012A05400771

54

771

Monte veciñal de Loureiro

2.781,4

1.163,3

3.040,3

582,3

Agrario

MT Matogueira/E-Pastos

Cornas

36012A05500239

55

239

Monte veciñal de Borela

5.865,5

9.354,1

12.012,9

Agrario

MT Matogueira/EU Eucaliptos

Pazos-Borela, Siltalto

36012A05500267

55

267

Monte veciñal de Rebordelo

8.216,3

34.684,5

12.449,7

Agrario

EU Eucaliptos/MM Piñeiral madeirable

O Quinteiro de Arriba-Rebordelo, Coto do Facho

36012A05600446

56

446

Monte veciñal de Borela

1.938,4

Agrario

MT Matogueira

Graña (A)-Borela, Monte de Pena Gadeira

36012A05601165

56

1165

Monte veciñal de Rebordelo

317,1

Agrario

MT Matogueira

Pena Gadeira

36012A05700030

57

30

Monte veciñal de Borela

1.600,7

8.972,2

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012A05700249

57

249

Monte veciñal de Rebordelo

4.623,1

4.441,4

9.717,9

2.756,7

859

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012A05700250

57

250

Monte veciñal de Loureiro

560,3

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012B51401907

514

1907

Descoñecido

391,3

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51401908

514

1908

Luis Félix

306,5

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51401909

514

1909

José Bernárdez Martínez

714,2

Agrario

MM Piñeiral madeirable/PD Prados ou pradeiras

Cancela

36012B51401910

514

1910

Dolores Piñón

329

Agrario

MM Piñeiral madeirable/PD Prados ou pradeiras

Pozo Negro (O)-Rebordelo, Cova

36012B51401911

514

1911

José Vicente García Nogueira

979,6

Solo sen edif.

PD Prados ou pradeiras

Pozo Negro (O)-Rebordelo, Cova

36012B51401919

514

1919

Hros. de Aurita Touriño

41,6

Agrario

PD Prados ou pradeiras

O Quinteiro de Abaixo-Rebordelo, Cancela

36012B51401962

514

1962

Igrexa Católica

59,9

Agrario

MM Piñeiral madeirable

O Quinteiro de Arriba-Rebordelo

36012B51401986

514

1986

Delmiro Morgado

75,9

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401987

514

1987

Descoñecido

910

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401988

514

1988

Descoñecido

1.412,2

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401989

514

1989

Descoñecido

13,8

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401990

514

1990

Antonio Ogando

422,2

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401991

514

1991

Antonio Vidal

158,8

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Fentales

36012B51401992

514

1992

Descoñecido

101,4

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401993

514

1993

Descoñecido

85,5

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401994

514

1994

Francisco Morgade

888,5

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Abeleira

36012B51401995

514

1995

Miguel Morgade

282,6

Agrario

PD Prados ou pradeiras

Finca Diestro

36012B51401996

514

1996

Descoñecido

150,4

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401997

514

1997

José Miguel Estévez

348,8

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51402000

514

2000

Aurora Rodríguez Pousada

302

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51402001

514

2001

Aurora Ogando Vidal

888,6

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Arriba da Pedra

36012B51411918

514

11918

Consuelo Ogando Vidal

129,9

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Carballiños

36012B51421916

514

21916

Descoñecido

49,7

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Carballiños

36012B51421918

514

21918

Descoñecido

109,2

Agrario

MM Piñeiral madeirable

O Quinteiro de Abaixo-Rebordelo, Carballiños

36012B51602140

516

2140

Monte veciñal de Rebordelo

211,7

Solo sen edif.

PD Prados ou pradeiras

O Quinteiro de Arriba-Rebordelo, O Salgueiro

36012B51602141

516

2141

María Concepción Vidal

85,8

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

O Salgueiro (O)-Rebordelo, O Salgueiro

36012B51602142

516

2142

Descoñecido

0,9

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

O Quinteiro de Arriba-Rebordelo, O Salgueiro

36012B51605036

516

5036

Monte veciñal de Rebordelo

175,6

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

O Quinteiro de Arriba-Rebordelo, O Quinteiro de Arriba

36012B51802215

518

2215

En investigación

54,7

167,8

Residencial

MT Matogueira, PD Prados ou pradeiras

Facho (O)-Rebordelo 1[b]-Cabanelas

36012B51802216

518

2216

En investigación

48

127,5

Solo sen edif.

PD Prados ou pradeiras

Facho (O)-Rebordelo Facho