Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 13 de decembro de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/139-3.
Instalación: regulamentación LMTA PRS801 apoios núms. D34 e D35.
Concello: Nogueira de Ramuín.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
1 |
Bacelo |
32053A004002370000IZ |
Herdeiros de Dolores Cadavid Rodríguez |
Enderezo descoñecido |