DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 70953

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 26 de decembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras.

No DOG número 25, do 6 de febreiro de 2023, publicouse a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Á vista das solicitudes presentadas e atendendo ás contías, observase que a dotación orzamentaria non é suficiente para atender todas solicitudes, polo que se fai necesario realizar unha ampliación dos créditos consignados inicialmente.

Segundo o artigo 4.6 da Orde do 30 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción, poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles en cada convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento de financiamento

Increméntase en 182.232,80 euros o importe total destinado á concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, coa seguinte distribución:

Ampliación de crédito

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Descrición

Importe

11.30.324C.470.5

2015 00561

Incentivos a empresas de inserción laboral

182.232,80 €

Este incremento da dotación orzamentaria aténdese con fondos finalistas do Estado remanentes doutras convocatorias do mesmo programa e servizo.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade