DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do polígono Q28.1 na rolda de Outeiro 38 (expediente 631/2022/171).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22.11.2023, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle do POL Q28.1 para o reaxuste de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes na rolda de Outeiro 38, A Coruña (novembro 2023), promovido pola Fundación Juana de Vega e redactado por Díaz y Díaz Arquitectos, S.L.P.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 12 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana