No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 223, do 22 de novembro de 2023, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán os procesos selectivos, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura de dúas prazas de condutor/a e tres prazas de operario/a do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 22 de novembro de 2023
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente