DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura, mediante libre designación, do posto de director xeral de Recursos Humanos.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 268, do 22 de novembro de 2023, publicáronse integramente as bases reguladoras do procedemento que rexe a convocatoria para proveer, mediante libre designación, o posto de director xeral de Recursos Humanos, pertencente ao grupo A, subrgrupo A1.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15 ) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma presvista nas bases.

Ourense, 22 de novembro de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde