DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir están ilocalizables e, polo tanto, non é imposible realizar- lles a notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Parcelas de titulares ilocalizables fóra do ámbito da parroquia prioritaria de Visma:

Referencia catastral

Parroquia

Persoas titulares catastrais

15900A010006210000YA

Elviña (San Vicenzo)

Herdeiros de 32113720Q

15900A011002080000YH

San Cristovo das Viñas

32261734W

32280313C

32395835J

Parcelas de persoas titulares ilocalizables na parroquia priorizada de Visma:

Referencia catastral

Parroquia

Persoas titulares catastrais

15900A014001870000YM

Visma

Herdeiros de 32339129W

15900A014003630000YU

Visma

Herdeiros de 32161388M

15900A014001630000YX

Visma

32287841G

32435337R

34965065M

32809837S

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

2- Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, as persoas responsables xestionasen voluntariamente a biomasa, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG núm. 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada. Para iso, o Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referidos para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior efectuarase sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das espe- cies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cua- lificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. En canto ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no in- cumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións co- metidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21, ter.2, da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se podería impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D. Efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 29 de novembro de 2023

A alcaldesa
P.D. de competencia (Decreto do 21.6.2023; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
O concelleiro responsable da Área de Economía e Planificación Urbana
P.D. de sinatura (Resolución núm. 14.329, do 28.7.2023)
Noemí Díaz Vázquez
Concelleira de Medio Ambiente