DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70046

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 11 de decembro de 2023 polo que se fai pública a baremación provisional e se abre o prazo de reclamacións, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 11 de decembro de 2023, acordou, de conformidade co disposto na base III.3 da convocatoria, facer pública na web do Instituto Galego de promoción económica (Igape), a baremación provisional das catro categorías do proceso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes e proceder á apertura do prazo de alegacións, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Dáse un prazo de dez (10) días hábiles aos interesados para presentaren as alegacións que consideren oportunas, prazo que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Nas alegacións deberán concretarse os méritos sobre os cales se reclama por considerarse erroneamente puntuados.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección