DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Vigo (expediente DH.A36.68883).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 8 de maio de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Augas Xestoso-Bembrive a novación da concesión para aproveitar 30.737 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Xestoso, da parroquia de Bembrive (Santiago), no concello de Vigo (Pontevedra), con destino a abastecemento de poboación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións