DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Melide (expediente DH.A15.85203).

Concepción Sánchez Fernández solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Concepción Sánchez Fernández.

Expediente: DH.A15.85203.

Volume total anual: 83,95 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,45 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 584.423, y= 4.748.653 (fuso 29 ETRS98).

Lugar: O Piñeiro.

Parroquia: O Leboreiro (Santa María).

Concello: Melide (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas dun pozo situado na parcela 15047A065002480000GW, que dispón de bomba somerxible de 1,5 CV, da que sae a canalización, de 40 mm de diámetro en gabia cun fondo medio de 1,50 m, e atravesa as parcelas 15047A065002480000GW, camiño público, 15047A064000660000GK, 15047A064000600000GP, ata a vivenda para abastecer na parcela 15047A064005440000GO.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, previa cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro