Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023-2668, do 27 de novembro de 2023, unha vez concluido o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de:
Identidade do aspirante |
DNI |
Francisco Manuel Núñez Armada |
****7100* |
Característica da praza:
Denominación do posto |
Administrativo |
Natureza |
Funcionario de carreira |
Escala |
Administración xeral |
Subescala |
Administrativa |
Grupo/subgrupo |
C1 |
Nivel |
22 |
Xornada |
Completa |
Quenda |
Promoción interna |
O funcionario nomeado deberá tomar posesión ou incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento; de non o facer nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, o nomeado quedará na situación de cesante.
O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Baiona, 28 de novembro de 2023
Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde presidente