DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de decembro de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.21.EDF.008 (PIF) para o desenvolvemento da actividade de viveiro e almacenaxe de poliquetos, no dominio público portuario de Laxe (código 12-21-23-C-2).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Carlos Martínez Mariño para a ocupación en superficie e do edificio 12.21.EDF.008 (PIF) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de viveiro e almacenaxe de poliquetos, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 27.11.2023 e segundo o Proxecto de obra e actividade de viveiro experimental para mantemento e engorda de poliquetos, asinado o 6.6.2023 polo arquitecto Antonio A. Feirán Espinosa, colexiado nº 1876, e o enxeñeiro Ángel Luis Rodríguez Seoane, colexiado nº 1562.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14.12.2017), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de decembro de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia