DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 69922

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade á concesión do VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea correspondente ao ano 2023.

Conforme o previsto no artigo 14 da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 85, do 4 de maio), pola que se convocou para o ano 2023 o VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea, resolvo facer pública a concesión do devandito premio a Aitor Hernández Marcos, cunha contía de 3.000,00 €, polo texto orixinal A escola da noite.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura