DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2023/17-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada peche da LMTA REG803 e REG806 no CT 32C547, nas casas dos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 7 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/17-3.

Instalación: peche da LMTA REG803 e REG806 no CT 32C547.

Concellos: Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar
da convocatoria

Data

Hora

2

Aradas

32050A008000510000LU

Antonio Gómez García

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Montederramo

23.1.2024

11.00

4

Derroxas

32038A038000110000KQ

Amable Méndez Gómez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Espadanedo

23.1.2024

12.00

8

Pena da Malla

32038A036000440000KE

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Espadanedo

23.1.2024

12.30