De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 30 de abril.
Unha vez finalizado o dito prazo, foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.
Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes).
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9.bis do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figuren excluídas nestas listas provisionais, por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no indicado prazo de dez días concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
As persoas que solicitaron a inclusión electronicamente a través de fides.xunta.gal deberán acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas; fides.xunta.gal permitirá xerar un documento para remitir a través dun rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa copia auténtica ou non fose posible comprobala automaticamente. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática para as solicitudes que se presentaron a través de fides.xunta.gal
Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:
– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
• Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
• Servizos periféricos:
Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV desta resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo V desta resolución e deberá ser asinada polo órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.
Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade de medicina |
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía |
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
A2 |
208A |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de enfermaría |
A2 |
208B |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de fisioterapia |
A2 |
208C |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de educadores |
A2 |
208D |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de terapia ocupacional |
A2 |
208E |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de traballo social |
B |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de xardín de infancia |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (para extinguir) |
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón/oa |
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico/a |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (para extinguir) |
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a de oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
III |
036 |
Experto/a en audiovisuais |
III |
049 |
Axente auxiliar de inspección de transportes |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
063 |
Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a de maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a de cociña. Cociñeiro/a 1ª |
III |
066 |
Axudante/a de taller. Adxunto/a de taller |
III |
068 |
Oficial/a 1ª agrario/a, capataz/a agrario/a |
III |
069 |
Oficial/a de servizos técnicos. Oficial/a 1ª de mantemento. Oficial/a 1ª de oficios varios. Oficial/a de primeira |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
101 |
Proxeccionista |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación de obras |
IV |
004 |
Auxiliar de fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial/a 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a de servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xurado/a fluvial. Garda de explotación |
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar de carpintaría |
IV |
024 |
Xastre/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoísta |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
003-02 |
Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante de oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xurado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico de máquinas de defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |