DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslinde con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Trasmañó, do concello de Redondela.

Unha vez obtido informe favorable á proposta de deslinde con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Trasmañó, concello de Redondela, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte o Centro Cultural de San Vicente de Trasmañó, sito na estrada San Vicente de Trasmañó, 19, Trasmañó, 36811 Redondela.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no seguinte enderezo: Centro Cultural de San Vicente de Trasmañó, sito na estrada San Vicente de Trasmañó, 19, Trasmañó, 36811 Redondela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 7 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra