O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 9 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar os informes municipais do 14.11.2022, de contestación ás alegacións formuladas por un particular o 29.8.2022, e do 8.2.2023, de contestación ao informe emitido polo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, e en consecuencia estimar parcialmente as alegacións formuladas no senso informado.
Segundo. Aprobar definitivamente o documento do «Estudo de detalle para a ampliación de volumes edificatorios, estrada Baños de Arteixo, 34, polígono industrial A Grela, Bens, marzo de 2023», promovido por Showa Denko Carbón Spain, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Fernando Costa González e o enxeñeiro industrial Alberto Castro Martínez, que derroga o documento do «Estudo de detalle para a ampliación de instalacións, na estrada Baños de Arteixo, 34, polígono industrial A Grela, Bens, maio de 2020», co número de expediente EDD-3/19 631/2019/77, aprobado definitivamente polo Pleno municipal do 2.7.2020.
Terceiro. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.
Cuarto. Notificarlles este acordo ao promotor, ás áreas municipais afectadas pola tramitación do expediente, ao particular interesado e ao Ministerio de Defensa.
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
A Coruña, 1 de decembro de 2023
A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana