DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade ás resolucións polas que revisan as autorizacións ambientais integradas outorgadas a Coren Agroindustrial, S.A.U. para as súas fábricas de pensos I e II no concello de San Cibrao das Viñas (expediente 2020-IPPC-M-67 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de pensos Fábrica I

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Coren Agroindustrial, S.A.U.

Núm. rexistro AAI:

2007/0052_NAA/IPPC_080

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Expediente: 2020-IPPC-M-67

Instalación: fábrica de pensos Fábrica II

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Coren Agroindustrial, S.A.U.

Núm. rexistro AAI:

2007/0066_NAA/IPPC_081

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Expediente: 2020-IPPC-M-68

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático