DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións na lagoa das Pontes, no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2023AAE2825).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 4 de decembro de 2023, relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións na lagoa das Pontes, no concello das Pontes de García Rodríguez.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2628/2023.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático