Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 27 de xuño de 2023, de conformidade coa Orde do 24 de marzo de 2023 (DOG núm. 68, do 10 de abril):
– 8 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación proxecto |
Orzamento |
Subvención solicitada |
Subvención |
PR811A 2023-6 |
Asociación Comité Español de la UNRWA |
Apoio a tres puntos de saúde en Cisxordania para atención a persoas refuxiadas de Palestina máis vulnerables con enfoque de xénero |
75.000,00 |
70.000,00 |
70.000,00 |
PR811A 2023-4 |
Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) |
Voces TRANSformadoras: fortalecer o benestar físico e mental de persoas LGBTI+ desprazadas no Salvador |
83.382,85 |
75.000,00 |
75.000,00 |
PR811A 2023-11 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
Fortalecemento das capacidades de atención e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras |
84.149,75 |
74.999,35 |
74.999,35 |
PR811A 2023-2 |
Fundación CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos |
Resposta ante a emerxencia humanitaria provocada polo cambio climático na Comunidade Andina Indíxena de Totora e reforzo da súa capacidade de resiliencia. Apurímac. Perú |
104.704,35 |
69.989,89 |
69.989,89 |
PR811A 2023-7 |
Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad |
Asistencia humanitaria de emerxencia e protección á poboación refuxiada palestina, no Líbano |
78.950,00 |
74.981,00 |
74.981,00 |
PR811A 2023-9 |
Fundación Entreculturas-Fe y Alegría |
Fortalecemento da resiliencia da poboación refuxiada vulnerable proveniente de contextos en crise humanitarias en Addis Abeba, Etiopía |
82.787,92 |
74.299,99 |
74.299,99 |
PR811A 2023-10 |
Fundación Tierra de Hombres España |
Protección e apoio psicosocial á infancia e familias afectadas pola guerra en Ucraína |
79.000,00 |
74.980,50 |
74.980,50 |
PR811A 2023-3 |
Fundación UNICEF Comité Español |
Resposta humanitaria de UNICEF Cuba-Furacán Ian: garantindo a reconstrución de escolas afectadas |
80.018,60 |
75.000,00 |
35.749,27 |
Total |
589.250,73 |
550.000,00 |