Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 26 de maio de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 29 de agosto de 2023, de conformidade coa Orde do 26 de maio de 2023 (DOG núm. 107, do 7 de xuño):
– 16 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que exxecutarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de un seiscentos mil euros (600.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento total que figura na solicitude |
Subvención solicitada |
Subvención concedida |
||
Total 2023 |
Total 2024 |
Subvención concedida |
|||||
PR804A 2023-23 |
Farmacéuticos Mundi en agrupación coa Universidade de Santiago |
A aprendizaxe-servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación. |
53.200,00 |
45.000,00 |
18.000,00 |
27.000,00 |
45.000,00 |
PR804A 2023-17 |
Asemblea de Cooperación pola Paz |
Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD): fortalecendo as capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, primario, secundario e universitario galego. |
38.880,48 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-4 |
Agareso |
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab) |
38.250,00 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-5 |
Agareso |
Xeración Contrainfo. Fase II |
39.970,00 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-15 |
Amigas da Terra Galicia en agrupación coa Asociación Enxeñería sen Fronteiras |
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase II |
54.892,81 |
45.000,00 |
18.000,00 |
27.000,00 |
45.000,00 |
PR804A 2023-10 |
Amigas da Terra Galicia |
Rede de Eco Hortas Escolares |
32.443,50 |
30.617,50 |
12.247,00 |
18.370,50 |
30.617,50 |
PR804A 2023-24 |
Arquitectura sen Fronteiras en agrupación coa Universidade da Coruña |
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do dereito ao hábitat |
53.900,00 |
44.900,00 |
17.960,00 |
26.940,00 |
44.900,00 |
PR804A 2023-18 |
Asemblea de Cooperación pola Paz |
Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social. |
38.256,88 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-6 |
Fundación Intered |
Sementando coeducación desde o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida. Fase I. |
37.072,46 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-19 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación |
44.459,93 |
34.809,01 |
13.923,60 |
20.885,41 |
34.809,01 |
PR804A 2023-9 |
Asociación Enxeñería sen Fronteiras en agrupación con Arquitectura sen Fronteiras e a Universidade da Coruña |
Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas Téc. Fase2 |
55.150,00 |
45.000,00 |
18.000,00 |
27.000,00 |
45.000,00 |
PR804A 2023-20 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global |
45.527,76 |
34.954,88 |
13.981,95 |
20.972,93 |
34.954,88 |
PR804A 2023-12 |
Manos Unidas |
Fame Cero: sensibilización cidadá e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS. Fase II |
49.040,75 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-13 |
Fundación Taller de Solidaridad |
Enredadas no Cambio. Fase III |
47.484,00 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-7 |
Fundación Educación y Cooperación, Educo |
A protección da infancia desde a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo. |
36.907,55 |
35.000,00 |
14.000,00 |
21.000,00 |
35.000,00 |
PR804A 2023-8 |
Fundación Educación y Cooperación Educo agrupada coa Fundación Entreculturas – Fe y Alegría, Taller de Solidariedade e a Universidade de Santiago de Compostela |
Campaña Mundial pola Educación 2024 |
47.544,57 |
45.000,00 |
15.887,45 |
23.831,16 |
39.718,61 |
|
|
|
240.000,00 |
360.000,00 |
600.000,00 |