DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rianxo (expediente DH.A15.94051).

A Comunidade de Usuarios de Augas de Canles do Araño solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Canles do Araño.

Expediente: DH.A15.94051.

Volume total anual: 1.650 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,23 l/s.

Destino: uso doméstico.

Orixe: dous mananciais na parcela 91 do polígono 73.

Lugar: Canles.

Parroquia: O Araño (Santa Baia).

Concello: Rianxo (A Coruña).

O aproveitamento consiste na captación de dous mananciais situados na parcela de referencia catastral 15073A073000910000FX, e denominados Fonte os Canles e Fonte as Canles de Arriba. A auga xúntase nunha tubaxe de 1 polgada de diámetro que discorre ao longo duns 1.502 m ata o galpón, cunhas dimensións aproximadas de 13,30×2,85×2,15 m, situado na parcela de referencia 15073A073001430000FT, que está dotado dun decantador, e onde se encontran os oito depósitos individuais, de 2.000 litros cada un, dos que parten as tubaxes de 3/4 de polgada ata os domicilios que se van abastecer.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro