DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de cofinanciamento nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada. Sada (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2023-0005 e clave do documento técnico OH.315.1189. Referencia de expediente AUG-2023-0013.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Sada (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada. Sada (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2023-0005 e clave do documento técnico OH.315.1189. Referencia de expediente: AUG-2023-0013.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 214.500,67 euros. Importe total: 259.545,81 euros.

8. Valor estimado do contrato: 255.922,95 euros. Inclúe o orzamento de licitación (214.500,67 euros) e a/as prórroga/s contractuais ordinaria/s prevista/s (41.422,28 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 33 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 4 de outubro de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 8.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 8 de novembro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Idom Consulting, Engineering, Architecture, S.A.

14.2) NIF: A48283964.

14.3) Enderezo: avenida de Lugo, 151-153. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5) Correo electrónico: idomsantiago@idom.com

14.6) Teléfono: 629 210 951.

14.7) Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 175.800,00 euros. Importe total: 212.718,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de cofinanciamento nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2: investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.2: reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación: mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada.

A actuación enmárcase dentro do Programa Galicia Feder 2021-2027 no obxectivo político 2: unha Europa máis verde; obxectivo específico 2.5: promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sustentable; liña de actuación 2.5.03: investimentos en materia de saneamento e depuración necesarias para o cumprimento das directivas en materia de augas; ámbito de intervención TI0066: recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética; operación: mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE núm. 2023/S 025-068238, do 3 de febreiro de 2023.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de xaneiro de 2023.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de febreiro de 2023.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de xaneiro de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 5 de outubro de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 8 de novembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de novembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 17 de novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia