DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto 2023/1881, do 3 de outubro de 2023, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal, contra os titulares catastrais das parcelas 501, 502 e 602, sitas na contorna da gasolineira de Celeiro, na estrada de Ribadeo, deste termo municipal.

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estímase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data notificación/publicación

Situación

Superficie m2

Liquidación provisional
dos traballos

Persoa responsable

4962/2023

3969501PJ1336N0002ML

BOE núm. 160, do 6.7.2023

DOG núm. 140, do 24.7.2023

CR Ribadeo-Nova 26,

Celeiro, Viveiro (Lugo)

343

119,57 euros (IVE incluído)

En investigación

3969502PJ1336N0002OL

CR Ribadeo-Nova 927,

Celeiro, Viveiro (Lugo)

165

En investigación

4069602PJ1346N0002YM

CR Ribadeo-Plantío 678,

Celeiro, Viveiro (Lugo)

391

En investigación

Terceiro. Serve este edicto como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados; o decreto constitúe liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares están obrigados ao cumprimento da xestión da biomasa e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta administración.

Quinto. Ordenar a publicación do anuncio desta resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá as notificacións persoais, por seren descoñecidas as persoas titulares.

O que se publica para coñecemento dos obrigados (en ausencia de titularidade), en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aos cales se lles fai saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non queren exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Viveiro en CaixaBank co número ES79-2100-4330-62-0200001100, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 22 de novembro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa