No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 247, do 28 de decembro de 2022, se publicaron integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha praza de auxiliar administrativo, pertencente ao cadro de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Unha praza de axente de desenvolvemento local, pertencente ao cadro de persoal laboral, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
– Unha praza de traballador social, pertencente ao cadro de persoal laboral, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
– Unha praza de educador familiar, pertencente ao cadro de persoal laboral, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Unha praza de condutor de recollida de lixo, pertencente ao cadro de persoal laboral, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
– Unha praza de peón de recollida de lixo, pertencente ao cadro de persoal laboral, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Mediante o Decreto 534/2023, do 23 de outubro, resolveuse convocar os procesos selectivos para a cobertura das prazas referidas, e estableceuse un prazo de presentación de solicitudes de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Faise público para coñecemento e efectos, e disponse que os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na forma prevista nas bases.
Oia, 23 de outubro de 2023
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa