DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de decembro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco.

De conformidade co establecido pola Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco foi aprobado inicialmente e sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo