DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2023/153-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o 13.10.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Ramón Mantilla Álvarez, colexiado núm. 1.806 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada o día 26.9.2023:

Solicitante: Redes de Telecomunicacións Galegas Retegal, S.A.

Enderezo: Edificio de Usos Múltiples Bando, 15820 San Marcos, Santiago de Compostela.

Denominación: infraestrutura eléctrica en AT e BT para subministración eléctrica de centro de comunicación na Veiga.

Situación: concello da Veiga (Ourense).

Orzamento: 60.924,65 €.

Características técnicas:

• LMTS, a 15 kV, de 83 m de lonxitude, en condutor RHZ1-12/20 kV 3×1×95 mm2 Al, con orixe no paso A/S proxectado no poste de celosía existente da compañía eléctrica distribuidora e fin no centro de transformación proxectado.

• Centro de transformación proxectado, en caseta prefabricada de formigón, con transformador de 50 kVAs e R/T 15.000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense