DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio e trámite de audiencia ditado no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/425-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e trámite de audiencia no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 20 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente reclamación: IN635A 2023/425-4.

Interesado:

NIF: 78159182F.

Acto notificado: inicio e trámite de audiencia.