DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN408A 2018/31.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle, nos concellos de Mazaricos e Dumbría (expediente IN408A 2018/31), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do correspondente concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 30 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/31.

Solicitante: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.

Denominación: subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle.

Concellos: Mazaricos e Dumbría.

Nº de predio

Concello

Polígono e parcela

Titular

Data

Hora

74

Dumbría

19

449

José Alvela Sieira

26.2.2024

9.50

102

Dumbría

9

235

Descoñecido

26.2.2024

12.50

144

Dumbría

9

451

Félix García Freire

27.2.2024

10.10

209

Dumbría

7

62

Ramiro Santos García

27.2.2024

12.50