DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na que se concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 29 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Valga, Cuntis e Caldas de Reis.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

034

36056A02400153

Florinda Gómez Magariños

037

36015A20200149

Pablo Marcelino Guerra González

182

36005A04001402

Enriqueta Caseiro Ortigueira

436

36005A00600683

Charo Fontán García