DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de autorización administrativa e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación eléctrica no concello de Pantón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a autorización administrativa e declaración de utilidade pública do proxecto que se inclúe no anexo.

Lugo, 1 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación LMTA PRS802 derivada a CT Espasantes

Predio

Propietario

Concello

Pol.

Parc.

26

Descoñecido

Pantón

51

1401