DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 29 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salgueiro e Caldeliñas, no concello de Verín.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión de data do 23 de outubro de 2023, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas.

Superficie: 3,15 ha.

Pertenza: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salgueiro e Caldeliñas.

Parroquia: Vilamor do Val (Santiago).

Concello: Verín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32086A503050010000AP (rústica)

32086A503050010001SA (urbana)

Norte

32086A50301890

32086A50300371

32086A50300370

32086A50300369

32086A50300368

32086A50300367

32086A50300366

32086A50300365

32086A50309082

32086A50300355

Leste

32086A50300355

32086A50300356

32086A50300364

32086A50300363

32086A50300355

32086A50309069

32086A50300335

32086A50300333

32086A50300332

32086A50300328

32086A50310327

32086A50300327

32086A50305002

32086A03409008

Sur

32086A50300325

000600300PG34E

32086A50300323

32086A50300322

32086A50309092

32086A50300389

32086A50309094

32086A50300391

32086A50300388

Oeste

32086A50300387

32086A50300382

32086A50300381

32086A50300380

32086A50300379

32086A50300378

32086A50300375

32086A50300372

Hai que sinalar que dentro do predio obxecto da solicitude obsérvanse os usos seguintes:

Unha edificación de planta baixa situada dentro da referencia catastral 32086A503050010001SA, e uso principal espectáculos segundo o catastro.

Unha pista polideportiva, separada da anterior edificación, pero que comparte con ela a mesma referencia catastral.

Unha pequena zona axardinada dotada de 3 columpios, bancos e algúns pés para dar sombra. A dita zona atópase anexa á anterior pista polideportiva, aínda que non está catastrada coma recinto.

Por último, cómpre sinalar que a parcela está rodeada, ao longo do seu perímetro norte, sur e oeste, por unha pista asfaltada que non está catastrada senón que se atopa incluída dentro desta, e que parece conectar algúns dos barrios situados entre os lugares de Salgueiro e Caldeliñas.

O resto dos terreos están a prado con aproveitamento aparente de sega, e conteñen arborado disperso de carballos.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 29 de novembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense