DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade á Resolución do 22 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

O 22 de novembro de 2023, a directora xeral de Desenvolvemento Rural ditou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), que se transcribe a continuación:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, o 18 de xaneiro de 2008, foi publicado na forma legalmente establecida e, na actualidade, está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Barro solicitou a cesión da titularidade dos predios do Fondo de Terras que a continuación se indican para os fins que se sinalan:

– Predio núm. 517-1 para área de descanso vinculada ao Camiño de Santiago.

– Predio núm. 1260 para acondicionamento e posta en valor da fonte pública.

– Predio núm. 1806 para parque público.

– Predio núm. 1807 para parque público.

– Predio núm. 2357 para equipamentos públicos.

– Predio núm. 2544 para área de descanso vinculada ao Camiño de Santiago.

– Predio núm. 2772 para posta en valor do patrimonio etnográfico.

Vistos o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os que se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da devandita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

– Adxudicar ao Concello de Barro (prop. núm. 66) a titularidade dos predios núm. 517-1, 1260, 1806, 1807, 2357, 2544 e 2772 –que causan baixa no Fondo de Terras da zona– para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva desta resolución.

– Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao Fondo de Terras da zona, ao Patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou entidade que corresponda, segundo o caso».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de novembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra