DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Abegondo (expediente DH.A15.92080).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 15 de novembro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios do Lugar da Igrexa, unha concesión de 460 m3 anuais de auga que procede de dous mananciais situados no lugar da Igrexa, parroquia de Folgoso (Santa Dorotea), no concello de Abegondo (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións