DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de legalización de obras de recheo e explanación de parcelas e cambio de tubaxes de condución dun lavadoiro público no concello de Carral (expediente DH.W15.89245).

José Antonio Gómez Muíño solicita de Augas de Galicia a autorización de obras na rúa Costa do Pincho, parroquia de Paleo (Santo Estevo), no concello de Carral (A Coruña).

Descrición:

Nas parcelas de referencia catastral 2369408NH5826N e 2369407NH5826N encheuse e explanouse o terreo nunha superficie duns 500 metros cadrados e unha altura duns 30 centímetros onde se cambiou a tubaxe de desaugamento do lavadoiro nunha lonxitude de 35 metros con tubo de PVC de 200 mm ata un pozo de rexistro na parte baixa do bordo da leira.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días laborais contados a partir do seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada Participación pública, así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente de que se trata para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 7 de novembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte