DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para parcelas residenciais do ámbito SUD-R06-avenida de Marín.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 13 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para parcelas residenciais do ámbito SUD-R06-avenida de Marín, redactado e asinado dixitalmente polo arquitecto Alejandro Trigo Castro, o 25 de outubro de 2023 (sen visado colexial).

Este acordo determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do seu territorio obxecto del no caso en que as súas novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente.

O territorio afectado pola suspensión comprende os predios coas seguintes referencias catastrais alfanuméricas:

Rueiro VU_1:

1164037NH4216S0001TE

1164038NH4216S0001FE

1164039NH4216S0001ME

1164079NH4216S0000ZW

1164080NH4216S0000EW

1164092NH4216S0000GW

1164093NH4216S0000QW

1164087NH4216S0000BW

1164088NH4216S0000YW

1164089NH4216S0000GW

1164090NH4216S0000BW

1164091NH4216S0000YW

Rueiro VU_2:

1164055NH4216S0001ZE

1164056NH4216S0001UE

1164094NH4216S0000PW

1164095NH4216S0000LW

1164096NH4216S0000TW

1164097NH4216S0000FW

1164081NH4216S0000SW

1164082NH4216S0000ZW

1164083NH4216S0000UW

1164084NH4216S0000HW

1164085NH4216S0000WW

1164070NH4216S0001PE

1164071NH4216S0001LE

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

En tanto dure a suspensión de licenzas, poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG.

Con todo, a apuntada suspensión non afecta:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) As licenzas/comunicacións previas de primeira ocupación.

c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a súa revisión ou modificación, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, coa condición de que se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

O nomeado estudo de detalle, así como o expediente administrativo do que trae causa, sométense a trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia e da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios e na páxina web municipal.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, casa do concello (3º andar). De luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

A Estrada, 20 de novembro de 2023

José C. López Campos
Alcalde