DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68336

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023 polo que se dá publicidade da Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado axudante doutor.

Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión do día 23 de novembro de 2023, fai público que, mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 se convoca concurso público para a provisión das prazas de profesorado axudante doutor que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/
sede/publica/taboleiro/anuncio/124358/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/profesora-axudante-doutora

As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela