DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68337

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado de ciencias da saúde.

Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 50 da LOSU e o 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e coa autorización da Comisión Mixta USC-Sergas do 12 de xuño de 2023, fai público que mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 se convoca concurso público para a provisión das prazas de profesorado asociado de ciencias da saúde (PACS) que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124359/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/profesora-asociadoa-pacs

As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado da Universidade
de Santiago de Compostela