DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica Regulamentación LMTA BCR807 no tramo entre os apoios nº 144 e nº 177 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 28 de novembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Denominación: regulamentación da LMTA BCR807 no tramo entre os apoios nº 144 e nº 177 (Cervantes).

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Cervantes.

Expediente: IN407A 2022/219-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

Data do acto

Hora

Concello

8

16

133

Seara

Monte alto

Fiscal Audiencia Provincial (representa a Mariana Araújo)

158

2.0

8.2.2024

10.15

Cervantes

17

132

486

Encima dos prados

Monte baixo

Fiscal Audiencia Provincial (representa a descoñecido)

167

2.0

8.2.2024

10.30

Cervantes

22

126

49

Coba

Monte alto

Fiscal Audiencia Provincial (representa a descoñecido)

176

2.0

8.2.2024

11.00

Cervantes