DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS650A (expediente 150010113).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución da reclamación previa ditada pola xefatura territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícase a dita resolución a persoa citada no anexo emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por practicada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta na devandita resolución que esgota a vía administrativa, que contra ela poderá interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 22 de novembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150010113

X2853491L

Estimación

9.10.2023