DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150036123 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, e son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, terase por practicada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de 10 días hábiles establecido nos requirimentos contados desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistido das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 22 de novembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150036123

X9185538M

Requirimento de emenda da solicitude

9.8.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150102421

Y4101703N

Requirimento de emenda da solicitude

25.10.2023

150065623

32388476Z

Requirimento de emenda da solicitude

29.8.2023

150085423

33223875F

Requirimento de emenda da solicitude

9.10.2023

150088123

76337803K

Requirimento de emenda da solicitude

26.10.2023

150089623

32598646X

Requirimento de emenda da solicitude

27.10.2023