DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68102

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de delineantes e de axentes técnicos de xestión ambiental, grupo B, nas escalas técnicas de mantemento de servizos, análises de laboratorio e de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, e na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, subgrupo C2, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro de 2023, é preciso facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 66604 e 66605, onde di:

«2. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala técnica de mantemento de servizos, escala técnica de análises de laboratorio e escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como personal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo III do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

3. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira á actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario da actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo IV do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede».

Debe dicir:

«2. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala técnica de mantemento de servizos, escala técnica de análises de laboratorio e escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo III ou ao grupo IV do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como personal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo III ou do grupo IV do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

3. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira á actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV ou ao grupo V do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario da actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo IV ou do grupo V do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede».