O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en sesións que tiveron lugar os días 16 e 21 de novembro de 2023, ao abeiro do previsto na base II.1.2.8 da convocatoria e logo de revisar as reclamacións presentadas contra as cualificacións publicadas pola Resolución do 26 setembro de 2023 (DOG núm. 200, do 20 de outubro) pola que se deu publicidade a diversos acordos nesta materia:
ACORDOU:
Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, as puntuacións obtidas polas/os seguintes aspirantes, que pasan a ser as que se amosan a seguir:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
***2687** |
Abelenda Bouzas, Patricia |
Acceso libre |
44,80 |
***1824** |
Alonso Nogueiras, Begoña |
Acceso libre |
50,00 |
***8498** |
Cabanas Chao, Jesusa |
Acceso libre |
47,52 |
***6840** |
Carballo Míguez, José Manuel |
Acceso libre |
40,84 |
***0988** |
Castro Ferreiros, María Ana |
Acceso libre |
44,55 |
***6919** |
Diéguez Luis, Susana |
Acceso libre |
75,84 |
***6506** |
Freire Gato, Guadalupe |
Acceso libre |
46,78 |
***0710** |
García Fustes, Elena |
Acceso libre |
52,11 |
***6997** |
González Buceta, Estefanía |
Acceso libre |
39,10 |
***3791** |
González Costas, Olalla |
Acceso libre |
41,08 |
***9192** |
González Sanjuan, Beatriz |
Acceso libre |
50,00 |
***2785** |
López Álvarez, María Carmen |
P. interna |
43,71 |
***6793** |
López Bermúdez, Julio |
Acceso libre |
28,71 |
***0065** |
Martínez Gómez, Mercedes |
Acceso libre |
44,55 |
***5922** |
Morenza Fernández, María Jesús |
Acceso libre |
41,58 |
***4556** |
Noya Domínguez, María Lucía |
Acceso libre |
38,61 |
***7196** |
Núñez Cacabelos, María Deyanira |
Acceso libre |
39,85 |
***9593** |
Pereira Varela, María Dolores |
Acceso libre |
42,57 |
***8798** |
Rodríguez López, María Luisa |
Acceso libre |
36,38 |
***8720** |
Solla Acuña, Ángeles |
Acceso libre |
33,41 |
Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións recibidas.
Terceiro. Como consecuencia do sinalado no punto primeiro desta resolución declárase modificado o criterio publicado no punto terceiro da Resolución do 26 de setembro, referente ao acceso libre, no particular de que se fixa en 50,500 o número de respostas correctas para acadar a puntuación mínima de 50 puntos no canto das 50,250 que sinalaba a dita resolución, polo que acadan a puntuación mínima un total de 199 aspirantes no seu conxunto.
Ao diminuír o número de preguntas (0,25) que supoñen puntuación por riba de 50 puntos do mínimo e aumentar o número de preguntas (0,25) que supoñen puntuación por debaixo de 50 puntos do mínimo, resulta modificada tamén a cualificación ponderada que corresponde á totalidade das persoas aspirantes pola quenda de acceso libre, modificacións de contía mínima nunca superiores a corenta e dúas (42) centésimas.
As modificacións das puntuacións que se producen axústanse á aplicación dos criterios de proporcionalidade e ponderación de acordo co disposto polas bases da convocatoria do proceso selectivo.
Cuarto. Consonte o sinalado no punto anterior, publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 7 de xullo de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Quinto. As persoas aspirantes que, como consecuencia da modificación das súas puntuacións con base nas alegacións presentadas, pasan a superar o primeiro exercicio, de conformidade coa base II.1.1.2, estarán exentas da realización do segundo exercicio se no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, acreditan que posuían, o día da publicación da convocatoria deste proceso no DOG, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023
María Carmen Recarey Rey
Presidenta suplente do tribunal