DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública sobre negociación e subscrición do convenio urbanístico coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Martiño de Vilaboa para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do equipamento E-021 tanatorio.

Tras a negociación do convenio urbanístico entre o Concello de Vilaboa e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Martiño de Vilaboa para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do equipamento E-021 tanatorio, e en cumprimento do disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vilaboa (https://vilaboa.sedelectronica.es/board), así como no Departamento de Urbanismo, en horario de atención ao público das 9.00 ás 14.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Vilaboa, 10 de novembro de 2023

César Poza González
Alcalde