DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de ampliación do uso dotacional do equipamento público E67D no Cruceiro-Vilalonga (expediente 7901/2023).

O Pleno da Corporación municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 19 de outubro de 2023, adoptou por unanimidade dos seus membros o acordo que a seguir se transcribe:

Único: ampliar o uso previsto no Plan xeral de ordenación municipal para o equipamento docente E67D a equipamento educativo, cultural-social e asistencial (E67), coa finalidade de permitir o desenvolvemento doutros usos dotacionais públicos.

O expediente poderá ser consultado por calquera interesado nas dependencias municipais, das 9.00 ás 14.00 horas, ou de forma telemática, cita previa telefónica (986 72 00 75).

Sanxenxo, 20 de outubro de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente