DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 24 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Piñor (expediente IN407A 2021/121-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia por non ser posible a notificación prevista na citada norma.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo. En ambos os casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 24 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/121-3.

Instalación: regulamentación LMTA CNO804 apoios núm. 66-17-7 e 66-17-8.

Concello: Piñor.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

1

Galiñeiro

32062A021000880000OL

Herdeiros de Modesta Ojea Fernández

Enderezo descoñecido