DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 24 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello do Carballiño (expediente IN407A 2023/15-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBT O Ollal, situada no concello do Carballiño, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 24 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/15-3.

Instalación: LMTS, CTC e RBT O Ollal.

Concello: O Carballiño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Coazal

32020A030000770000RF

Marina Ulloa González

Enderezo descoñecido

21.11.2023