DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 22 de novembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Carballa Blanca e Couto, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lamalonga, no concello da Veiga.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Carballa Blanca e Couto, pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Lamalonga, no concello da Veiga, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 15.2.2023, a CMVMC de Lamalonga presentou unha solicitude (Rexel núm. 2023/539766) de revisión de esbozo do MVMC Carballa Blanca e Couto, no concello da Veiga.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificacións dos acordos da Asemblea Xeral de Lamalonga do 6.9.2022 e 20.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Riomao do 8.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Meixide do 9.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Curra do 6.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos geográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 22 de marzo de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe o perímetro colindante con particulares e outros montes veciñais.

A superficie do MVMC Carballa Blanca e Couto, unha vez revisado o esbozo, resulta de 806,89 ha fronte ás 711 ha clasificadas, o que supón un aumento do 13 % da superficie.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Carballa Blanca e Couto.

Consideraciones legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión e axustaranse e completaranse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 22 de marzo de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 23 de outubro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do Carballa Blanca e Couto, pertencente á CMVMC de Lamalonga, no concello da Veiga.

Ourense, 22 de novembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense